Erecteion
Erecteion
Templo situado na Acrópole de Atenas dedicado a Atenea Polias, a Posidón e ao heroe Erecteo, fundador de Atenas que, ás veces, se identifica con Posidón. Construíuno Filocles (421?-406? a C) no lugar onde se desenvolveu a batalla entre Atenea e Posidón polo dominio da Ática. As irregularidades do terreo e a necesidade de manter as tradicións relixiosas vinculadas ao lugar, provocaron que se erixise unha construción asimétrica formada por un templo próstilo e hexástilo no L; un falso pórtico no lado O; un pórtico xónico tetrástilo no N; e o pórtico das cariátides no S, onde se situaba a entrada á tumba de Cécrope.