eremitismo

eremitismo

(< eremita)

s m

Forma de vida relixiosa que levaban algúns cristiáns que dedicaban a súa vida á oración e ao retiro en soidade. Xurdiu no s III e o primeiro eremita coñecido foi san Paulo de Tebas. O seu seguidor Antón encargouse de propagar o eremitismo como modo de vida no Alto Exipto, e de alí estendeuse a Oriente. Santo Hilario propagouno por Palestina e san Gregorio de Nacianzo e san Basilio o Grande implantárono na Capadocia. Máis tarde foi substituído polo cenobitismo que fundara Pacomio en Exipto. Santo Anastasio, san Xerome, san Rufino, san Casiano de Marseille e san Bieito de Nursia espallárono despois por Occidente, onde a partir dos ss XII e XIII os eremitas se agruparon en ordes relixiosas, como a de san Paulo ou santo Agostiño, aínda que moitos eremitas permaneceron coa súa vida de oración de xeito independente.

Palabras veciñas

Eremin, Yuri | eremita | eremítico -ca | eremitismo | eremitorio | Eremophila | erena