ERGaC

ERGaC
[COMUN]

Asociación creada en Barcelona no ano 1992 para a difusión, mediante o emprego da radio, das compoñentes que configuran a Galicia da emigración. Pretendía apoiar os actos relacionados coa cultura galega, unificar os diferentes espacios radiofónicos en lingua galega e mellorar a súa calidade. Inicialmente, os programas asociados eran Galicia no Vallés, de Radio Mollet, Morriña, de Radio Nou Barris (Radio Unión Catalunya), Camiño da Terra, de Distrito 3 Radio (Radio Gramenet), Sempre en Galicia, de Radio Cornellá, Airiños, de Radio Gramanet, A Nosa Terra, de Radio Florida, e Galiza... algo máis, de Radio Ciutat Vella (Sants-Montjuïc Radio). Posteriormente, sumouse Aturuxos, de Radio Ciutat Vella.

Palabras veciñas

1 erg | 2 erg | ERGA | ERGaC | Ergasilus | ergasterio | ergastoplasma