Érguete

Érguete

Asociación de axuda ao toxicómano constituída en 1984 e con sede en Vigo. Creouse coa finalidade de asesorar os afectados por consumo de drogas e as súas familias, e para loitar pola consecución de maiores e máis adecuados recursos para a prevención, tratamento e reinserción social dos toxicómanos. Tamén se preocupa pola formación respecto á problemática da droga e pola defensa dos drogodependentes fronte a calquera tipo de abuso. Participa tamén en programas cofinanciados pola Administración pública e posúe varios pisos e servicios de reinserción. Foi finalista dos Premios Príncipe de Asturias da Concordia 2001. En 1999 constituíuse a Fundación Érguete-Integración, presidida por Carmen Avendaño Otero, cunha finalidade socio-cultural e de formación.

Palabras veciñas

Erguédevos | ergueito -ta | erguer | Érguete | ergularse | Erhard, Ludwig | Erhart, Gregor