Eric VII de Dinamarca

Eric VII de Dinamarca

o Pomerano (? 1382? - Rügenwalde, Pomerania 3.5. 1459) Rei de Dinamarca (1412-1439), de Suecia (Eric XIII, 1396-1439) e de Noruega (Eric III, 1389-1442), fillo do duque Bratislavo VII de Pomerania e sobriño neto da Raíña Margarida I de Dinamarca. Nomeado sucesor da raíña de Dinamarca, foi elixido rei de Noruega en 1389, de Suecia en 1396 e coroado rei dos tres países na Dieta de Kalmar (17.6.1397). Non obstante , non exerceu como rei de Dinamarca ata a morte da súa tía no 1412. Converteu Copenhaguen na capital de Dinamarca e loitou contra a Liga Hanseática e os condes de Holstein (1417-1435). O seu goberno autocrático provocou a súa destitución como rei de Suecia e Dinamarca no 1439, e de Noruega en 1442. En 1449 retirouse a Pomerania.