Erinus
Erinus
[PLANTA]
Xénero de herbáceas cespitosas, da familia das escrofulariáceas, algo leñosas na base, de ata 20 cm de altura, con follas de entre 5 e 23 mm de lonxitude, de forma elíptica ou ovada, crenadas, as inferiores pecioladas e dispostas en mouta basal, e as superiores dispostas de xeito elicoidal; posúe flores dispostas en inflorescencias corimbiformes laxas con pedicelos de ata 5 mm, cálice con 5 divisións moi profundas, corola nun tubo cilíndrico con lóbulos relativamente longos e de cor rosada purpurescente de entre 6 e 11 mm. Os froitos son cápsulas con 4 valvas. En Galicia aparece a especie E. alpinus, en ambientes pedregosos das montañas, especialmente das de natureza calcaria.