erisipela

erisipela

(

s f [PAT]

Enfermidade infecciosa da pel causada pola bacteria Streptococcus pyogenes, de asentamento inicial subcutáneo, que se caracteriza por unha inflamación e un arrubiamento da zona afectada sobre a que poden aparecer lesións vesiculares, hemorráxicas ou necróticas. Logo dun a tres días de ter penetrado o microorganismo, o cadro clínico comeza con febre elevada, arrepíos, malestar xeral, náuseas e vómitos. Posteriormente, aparece unha mancha na pel quente e dolorosa de cor vermella. As localizacións de preferencia sitúanse en calquera lugar da cara, especialmente as meixelas, aínda que pode aparecer en todo o corpo. Existen diversos factores de risco que favorecen o desenvolvemento da erisipela, como enfermidades cardíacas ou renais, lepra, infeccións virais, alcoholismo e desnutrición. É unha enfermidade pouco común que afecta a 1 de cada 10.000 persoas. O tratamento baséase en antibióticos como a penicilina.

Formas incorrectas

cipela, sipela