eritema

eritema

(< gr ἐρύϴημα ‘rubicundo’)

  1. s m [PAT]

    Lesión cutánea que consiste no arrubiamento, transitorio ou permanente, en manchas ou difuso, dunha zona da pel, causada por un aumento do fluxo sanguíneo nos vasos capilares. Desaparece ao presionar a lesión, que recupera a cor normal da pel, e volvee tornarse arrubiada cando se deixa de facer presión. O mecanismo de produción é a dilatación ou a conxestión dos capilares como consecuencia de trastornos nerviosos, dunha inflamación ou da acción de axentes externos como a calor, o frío, os produtos químicos, os medicamentos, os cosméticos ou os raios do sol. Ás veces non representa máis ca un dos síntomas de diversas enfermidades, como o sarampelo ou o lupus eritematoso.

  2. eritema indurado de Bazin [PAT]

    Nódulos duros da pel que se poden ulcerar e deixar lesións atróficas, en que os vasos capilares presentan lesións inflamatorias. Mantén unha estreita relación coa tuberculose.

  3. eritema marxinado [PAT]

    Eritema transitorio e migratorio, localizado principalmente no tronco, propio da febre reumática.

  4. eritema nodoso [PAT]

    asculite en que se ven afectados os capilares dunhas determinadas zonas da pel, que forman nódulos dolorosos da cor do viño, localizados especialmente na cara anterior das pernas. Acompáñase frecuentemente de febre, de artralxias e dunha certa alteración no estado xeral. Pode deberse a infeccións como a tuberculose, ás producidas por estreptococos, a virus, a medicamentos como a penicilina, a anticonceptivos, ou a outras enfermidades como a sarcoidose.