eritrina

eritrina

(< eritr- + -ina)

s f [MINERAL]

Arseniato de cobalto e níquel hidratado, de fórmula (CoNi)3 (AsO4)2·8H2O. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son de hábito prismático. A súa dureza é 1,5-2,5 e a densidade 3,06. É de cor vermella, máis pálida a medida que aumenta o contido en níquel, se esta cantidade supera a do cobalto pode acadar unha cor grisácea ou branca. OBS: Tamén se denomina eritrita.

Palabras veciñas

eritrasma | Eritrea | eritreo -a | eritrina | eritrita | eritro- | eritroblasto