Ermidas

Ermidas
[ONOM]

Antropónimo feminino procedente do latín eremīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕ ρημος ‘solitario, deserto’. É o nome dunha advocación mariana. O santuario da Nosa Señora das Ermidas está situado no concello do Bolo, na diocese de Astorga. O seu nome débese a que durante a Idade Media varios ermitáns habitaron en covas e ermidas construídas por eles mesmos nestas montañas. Outro santuario dedicado á Virxe das Ermidas ou Virxe da Fonte Santa localízase no monte das Ermidas (A Lama), na serra do Suído. A súa festividade celébrase o 8 de setembro, agás na Lama, concello do que é patroa, onde se celebra o 5 de agosto.