Ermoxio

Ermoxio
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe discutida. Presenta a variante gráfica Hermoxio. Pode tratarse dun composto xermánico (de airman ‘grande’, ‘poderoso’) ou dun derivado do grego erēmikós ( ἐ ρημικός) ‘senlleiro’, de erēmía ( ἐ ρημία) ‘soidade, deserto’. Hai tamén quen o vincula, partindo da variante gráfica con h, ao nome Hermes; e mesmo quen pensa que se trata dunha simple metátese de Remixio (en latín Remigius). Destaca con este nome o santo galego Ermoxio (s X), bispo de Tui. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.

Palabras veciñas

Ermold | Ermolfi, Santa Baia de | Ermosinda | Ermoxio | Ermua | Ermua | Ernani