Erotócrito

Erotócrito
[LIT]

Epopea nacional da Grecia sometida ao dominio turco. Composta por Vitzentzos Kornaros (citado ao final do poema) entre 1640 e 1665, consta de máis de dous mil versos e tomou como fonte de inspiración o Paris et Vienne, de Pierre de la Cypède, ademais doutras posibles influencias italianas. Describe a historia e as vicisitudes amorosas de Aretusa e Erotócrito, guerreiro continuador da tradición heroica dos gregos, que personalizou a defensa do sentimento nacional e das tradicións do pobo.

Palabras veciñas

erotización | erotizar | eroto- | Erotócrito | erotofobia | erotografomanía | erotomanía