escabeche
escabeche
(< hispanoárabeassukkabāǧ)
s
m
[ALIM]
Especialidade culinaria que se fai cun adubo de aceite, vinagre, sal, loureiro e outros ingredientes (allo, pementa negra, viño, cravo, tomiño, cebola e pemento doce), co que se preparan en semiconserva peixes e outras viandas, como o coello, a perdiz e o paspallás. O escabeche pode estar previamente cociñado ou non. É axeitado para preparar conservas comerciais, especialmente de moluscos, como o mexillón. OBS: Utilízase normalmente na expresión en escabeche.