escacho

escacho
  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe mariño que acada os 60 cm de lonxitude, de cor encarnada -máis viva no dorso ca nos costados e partes inferiores-, fociño en dous lóbulos dentados, separados por unha galladura profunda, e cabeza moi voluminosa en relación ao corpo, protexida por unha coiraza ósea. A aleta pectoral ten os raios libres e sérvelle ao animal como órgano gustativo e táctil para apalpar nos fondos en busca de alimento, composto principalmente por moluscos, crustáceos e peixes de pequena talla. Vive nos fondos, entre os 10 e os 700 metros. Trátase dun peixe de escaso valor comercial, moi común en todo o litoral galego.

  2. s

    Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘ferreiro’.

    Sinónimos: escalda.

Palabras veciñas

2 escachelar | 3 escachelar | escachizar | escacho | escachoar | escacholar | 1 escada