Escairón

Escairón

ila da parroquia de Vilasante que é a capital do concello do Saviñao. O seu desenvolvemento viuse favorecido por estar situada na beira da estrada de Monforte de Lemos a Chantada. No 1900 asumiu a condición de capital municipal, que se confirmou en 1921 coa adquisición dunha nova casa consistorial. Este carácter capitalino e a potenciación das infraestruturas de comunicación na última década do s XX, coa apertura do Corredor Central de Galicia (vía rápida CRG-22, Monforte de Lemos-Lalín), contribuíu á súa consolidación como pequeno núcleo comercial e de servicios.

Palabras veciñas

escaiola | escaiolar | escaiolista | Escairón | escala | Escala, l’ | escalable