escalada
(< 1 escalar)
-
s
f
[DEP]
Acción de ascender por un lugar difícil, de moita verticalidade, utilizando os catro membros para progresar. Pódense diferenciar diversos tipos de escalada. Atendendo ao material onde se escala distínguese entre a escalada en rocha, escalada en xeo e escalada mixta, que é a combinación das dúas primeiras. Segundo a maneira de progresar, distínguese entre escalada libre, caracterizada polo uso exclusivo de mans e pés para agarrarse aos contactos; escalada artificial, en que o material colocado facilita o avance; e a escalada combinada, que alterna tramos de escalada artificial coa libre. Por último, segundo a finalidade perseguida, distínguese entre a escalada alpina, que ten por obxectivo acadar un cumio, e a escalada deportiva, en que o interese principal é a dificultade en si mesma que un itinerario poida presentar.
-
s
f
Intensificación progresiva e rápida dunha acción, especialmente política ou militar.
Ex: A escalada armamentística de Occidente continúa imparable.