escaleira
(< lat scalarĭa)
-
-
s
f
Plano inclinado que serve para pasar dun nivel a outro mediante a descomposición da distancia vertical en chanzos adaptados á medida dun paso. Pode construírse, entre outros materiais, en pedra, cemento, ferro e madeira. Non é aconsellable que teñan máis de 10 chanzos; se o desnivel a salvar é máis grande, subdivídense en tramos, series de chanzos seguidos, entre os que se intercala un relanzo. O plano horizontal do chanzo e a profundidade deste reciben o nome de mesa, a súa lonxitude determina a anchura da escaleira; e a tabica é o plano vertical e a altura de cada chanzo. O espazo no que está contida a escaleira é a caixa, e o oco situado entre os bordos internos dunha escaleira con varios tramos é o ollo. As primeiras construcións localizáronse en Xericó e dátanse ao redor do 6000 a C. Consérvanse escaleiras monumentais en Knossos e Persépolis. No mundo grego e romano foi un elemento funcional que se mantivo durante a Idade Media, na que se empregou sobre todo a escaleira de caracol nos campanarios. No Renacemento adquiriu importancia como punto de articulación espacial dun edificio. Empregouse a escaleira rectilínea dun só eixe; entre outras destacan a da Biblioteca Laurenziana de M. Buonarroti e a escalera real de Bernini no Vaticano; e a de rampas diverxentes, que despois de xirar 180° se atopan novamente, como a Escalera Dorada da catedral de Burgos de Diego de Siloé. No manierismo e no Barroco introduciuse a escaleira imperial, entre outros no mosteiro de El Escorial e no Palacio Real de Madrid. Despois do modernismo, onde foi un pretexto decorativo dos interiores, volveu ter unha funcionalidade práctica; entre outras destacan a escaleira de caracol de Gropius na exposición de Colonia e as prefabricadas de W. Gropius. En Galicia cómpre destacar a da fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela e as dos numerosos pazos.
-
escaleira á francesa
Escaleira que ten as mesas e tabicas apoiadas na zanca que bordea o ollo da escaleira e na que está pegada a parede da caixa.
-
escaleira á inglesa/de cremalleira
Escaleira que ten as mesas e as tabicas apoiadas na cremalleira que serve de zanca e na contrazanca ou falsa cremalleira.
-
escaleira curva
Escaleira que describe no seu percorrido unha circunferencia ou media elipse.
-
escaleira de caracol
Escaleira que fai un percorrido helicoidal sen interrupción.
-
escaleira de espigón
Escaleira de caracol que ten un soporte central ao que se fixan os chanzos pola parte máis estreita.
-
escaleira de ferradura
Escaleira curva que ten planta en forma de ferradura por exceder á exterior dun hemiciclo.
-
escaleira de ida e volta
Escaleira formada por dous tramos rectos que están separados por un relanzo e con direccións opostas.
-
escaleira de ollo
Escaleira que no seu percorrido deixa libre un espazo central.
-
escaleira de san Xil
Escaleira de caracol que se erixe sobre unha bóveda helicoidal.
-
escaleira imperial
Escaleira de ida e volta que ten un primeiro tramo de ida moi ancho, que logo se divide en dous tramos máis estreitos, e outro de volta a partir do relanzo.
-
escaleira macho/de alma/de fuso
Escaleira de caracol que se desenvolve ao redor dunha alma ou macho.
-
escaleira mecánica
Escaleira en que os chanzos se moven cara arriba ou cara abaixo mediante un dispositivo eléctrico.
-
escaleira muiñeira/de muiñeiro
Escaleira recta, sen tabicas, que ten os chanzos formados por táboas horizontais encaixadas na zanca e na falsa zanca.
-
escaleira pechada
Escaleira que ten os seus tramos paralelos en zigzag sen ollo central.
-
escaleira voada/xeométrica
Escaleira de planta elíptica ou circular composta por chanzos de pedra que se constrúen no muro por un extremo e que se apoian no chanzo anterior.
-
s
f
-
s
f
Conxunto de cartas cun valor correlativo.
-
s
f
Corte que se fai no pelo de forma desigual.