escándalo

escándalo

(< lat scandălu < grσκάνδαλον)

  1. s m

    Ruído ou barullo excesivo provocado xeralmente por voces.

    Ex: O escándalo que armaban os rapaces non nos deixaba durmir.

  2. s m

    Feito, acontecemento ou dito considerado inmoral ou contrario ás conveniencias sociais, que dá lugar a indignación ou censura na opinión pública.

    Ex: O presidente dimitiu por ter participado no escándalo financeiro.

  3. s m

    Situación ou acción que se considera intolerable e provoca indignación.

    Ex: É un escándalo ver que ninguén fai nada para remediar as inxustizas.