escandio

escandio

(< lat científicoscandĭum)

Nome científico: [Sc]
s m [QUÍM]

Elemento metálico pertencente ao grupo III B da táboa periódica, de número atómico 21, masa atómica 44,9, cor gris clara e estado de oxidación +3. Ao expolo ao aire, desenvolve unha capa amarelada ou rosácea. Localízase cristalizado no sistema hexagonal compacto. É un elemento máis abundante no Sol (lugar vintetrés) ca na Terra (lugar cincuenta). En 1871, D. I. Mendelejev predixo a súa existencia -denominándoo eka-boro- e, oito anos despois, Nilson e Cleve illárono da gadolinio mineral localizada en Ytterby (Suecia). O principal mineral do que se extrae é a thortveitita, que se localiza en Noruega e Madagascar. O metal obtense pola acción simultánea do cloro e do carbono a 800°C sobre o mineral e ao disolver os cloruros formados en auga, que se separan ao pasaren a través de resinas intercambiadoras de ións.