esclerómetro
esclerómetro
(< esclero- + -metro)
s
m
[METROL]
Instrumento empregado para medir a dureza que teñen os corpos segundo a profundidade do sinal que deixa sobre el un punzón sometido a unha presión determinada. Hai dous procedementos: o de penetración, no que o punzón, sometido a unha presión constante durante un certo tempo, deixa un sinal na superficie do corpo, e o de choque, no que o punzón fai a marca ao caer libremente sobre o corpo. Unha táboa é a que ofrece a relación entre o sinal e a dureza.