escorzo

escorzo

(< ital scorcio)

s m [ARTE]

Representación plástica dunha figura que na realidade estaría disposta perpendicular ou oblicuamente ao plano en que se representou. Supón o dominio da técnica da perspectiva e permite subliñar determinados aspectos da figura representada. Cando se empregan en superficies curvas (bóvedas, cúpulas e pendentes), as figuras vanse agrandando a medida que se afastan do espectador.