escravo -va
escravo -va
(< lat tardío sclavu)
-
-
adx e s
Aplícase á persoa que pertence en propiedade a outra e que carece de liberdade.
Ex: Eses monumentos foron construídos por moitos escravos.
-
adx
Relativo ou pertencente aos escravos.
Ex: As pirámides fixéronse con man de obra escrava.
-
adx e s
-
adx e s
Aplícase á persoa sometida ou dominada excesivamente por algo ou alguén.
Ex: Esa nai é unha escrava dos seus fillos. É un rapaz escravo da moda e gasta todos os cartos en roupa.
-
adx
Que soporta ben as adversidades.
Ex: Esas plantas son moi escravas, non te tes que preocupar delas.
-
adx
Que implica sacrificio ou moita dedicación.
Ex: A vida do campesiño é moi escrava.
-
s
[INFORM]
Unidade de disco conectada a outra principal chamada primaria ou mestra.