escriñeiro
escriñeiro
(< escriño)
s
m
[ARQUIV]
Empregado dos arquivos da chancelería imperial. Durante o Baixo Imperio Romano transformouse no principal funcionario á fronte dos catro negociados principais en que se xuntaban as funcións de escribas e contadores. Durante o Imperio Bizantino, Xustiniano estableceu na provincia de África unha oficina con escriñeiros para os asuntos xerais e a Administración.