Escrita
Escrita
[PUBLIC]
Revista trimestral aparecida en Santiago de Compostela en setembro de 1983. Cesou a súa edición no verán de 1985 (nº6). Subtitulouse “Revista de información cultural, comunicación, traducións, psicoanálise, arte, cómic, creación”. Editada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), estaba coordinada por Margarita Ledo. Naceu ao abeiro do Congreso de Escritores en Lingua Galega que se celebrou en maio de 1980. Incluía información sobre ciencia, historia e literatura, ademais dun apartado de creación poética. Acompañaban os textos unha selección de debuxos de Lamazares, Alfonso Costa, Antón Patiño e Correa Corredoira.