escritorio
(
-
s
m
Moble destinado a escribir, especialmente mesa con caixóns para gardar papeis, escritos, do-cumentos e utensilios de escritura.
-
s
m
-
Sala ou estancia onde está o despacho dunha persoa.
-
[HIST]
Sala destinada á transcrición de códices, á redacción de escrituras e á copia de documentos e libros que durante a Antigüidade clásica se situaba nas tendas dos editores, e na Idade Media nos mosteiros, colexiatas e catedrais. Entre os escritorios medievais máis célebres destacan o de Vivarium, creado no s VI por Casiodoro, os da curia pontifical e os de Verona, York, Tours, Ratisbona, Reims e Montecassino. Desde o s XIII, ante a crecente demanda de libros e manuscritos, organizáronse aulas conxuntas onde se utilizaba o sistema das peciae, que permitía a copia simultánea dunha mesma obra en cadernos separados.
-
-
s
m
[INFORM]
Zona principal de traballo na pantalla nos sistemas operativos gráficos, en que aparecen os iconos que permiten acceder a distintos recursos ou aplicacións dun sistema informático.