escrúpulo
escrúpulo
(< lat scrupŭlu ‘croiopequeno’)
-
s
m
Dúbida ou temor que ten alguén sobre se unha acción é boa, moral ou xusta.
Ex: Non ten ningún escrúpulo en non visitar a súa familia. OBS: Úsase normalmente en plural. Ex: Xamais tivo escrúpulos para conseguir un traballo.
-
s
m
Noxo ou reparo que mostra alguén ao tomar ou tocar algo.
Ex: Non bebe do teu vaso porque ten escrúpulo.
Confrontacións: aprehensión. -
s
m
Coidado e minuciosidade con que se fai algo.
Ex: Como tiña convidados, puxo a mesa con moito escrúpulo.