esculca
esculca
(
s
f
Asociación fundada en Santiago de Compostela en 2002. A Xunta xestora quedou constituída, entre outros, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Nemesio Barxa, Laura Bugallo, Marcelo Couñago, Rosa Chapela, Óscar Fernández Refoxo, Gustavo García, Marcial Gondar, Celso López Pazos, Fernando Martínez Randulfe, Afonso Ribas, Xosé Manuel Sarille, Elvira Souto, Elías Torres e Vítor Vaqueiro. O 19 de xullo presentaron en Santiago o seu Manifesto fundacional pola recuperación das liberdades públicas, co fin de facer un chamamento fronte ao recorte das liberdades e contra a pasividade cidadá.
Frases feitas
-
Á esculca loc adv Observar disimuladamente. Ex: Estabamos á esculca detrás da columna. SIN: á espreita, ao asexo, ao axexo.