escultopintura

escultopintura

(

s f [ARTE]

Modalidade da arte contemporánea que se sitúa a medio camiño entre a escultura e a pintura. Conxuga o relevo escultórico e a forma pictórica e concédelle grande importancia á cor -que se obtén dos propios materiais e non de forma externa- e á luz. Realízase sobre diferentes materiais, entre outros, o coiro, o plástico, as teas metálicas e elementos de refugallo.