escuma

escuma

(< lat tardío *scuma

  1. s f
    1. [QUÍM]

      Dispersión dun gas nun líquido en que a fase dispersa, que é o gas, está pechada nun conxunto de pequenas celas ou burbullas formadas por unha película moi fina de líquido dispersante. A medida destas burbullas depende da tensión superficial do líquido. Nalgúns procesos industriais cómpre eliminar a escuma, xa sexa por medios mecánicos ou por adición de axentes antiescumantes ao líquido. Non obstante , noutros procesos provócase a formación da escuma por axitación ou por adición de axentes tensioactivos.

      Sinónimos: espuma.
    2. Produto cosmético ou de limpeza que presenta a consistencia da escuma ou se aplica desa forma.

      Sinónimos: espuma.
  2. s f

    Mestura de cuspe e burbullas que se forma na boca dunha persoa ou dun animal.

    Ex: O can correu tanto que logo botaba escuma pola boca. Estaba tan alporizado que lle saía a escuma pola comisura dos labios.

    Sinónimos: espuma.
  3. escuma de mar [XEOL]

    Rocha de cor branca e gris clara. Entre os seus compoñentes destaca sobre todo a sepiolita. Abunda en Asia Menor e utilízase na fabricación de cachimbas.

Palabras veciñas

escultórico -ca | escultura | escultural | escuma | escumadeira | escumallo | escumante