esfécido -da
(< lat científico Sphecidae,xénero de insectos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos esfécidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos esfécidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que na fase adulta se presentan como avespas de entre 20 a 50 mm de lonxitude. Posúe unha cabeza relativamente grande, antenas longas e delgadas, coas mandíbulas aptas para cortar e agarrar as presas, e o resto das pezas bucais adaptadas para zugar, o tórax groso, as alas transparentes, e o abdome coloreado, longo, delgado e apuntado no extremo, onde se sitúa o aguillón. Na fase adulta aliméntanse de néctar. As femias capturan invertebrados, como arañas e eirugas, que inmobilizan mediante unha picadura velenosa nun centro nervioso e transportan a un niño construído con anterioridade. Logo depositan no interior do niño un ovo do que sairá unha eiruga que se alimentará do corpo inmóbil da presa. Unha vez completado o desenvolvemento larvario, realiza a metamorfose no interior do niño. Na Península Ibérica existen unhas 500 especies.