esfenoide

esfenoide

(< gr σϕηνοειδής ‘en forma de cuña’)

  1. adx

    Que ten forma de cuña.

  2. s m [ANAT]

    Óso impar, central e simétrico, de forma irregular, no que destacan dous pares de apéndices laterais, chamados alas maiores e alas menores, que emerxen dun corpo central. Está situado na parte media e inferior do cranio, entre o frontal, o etmoide e o occipital.

  3. s m [FÍS]

    Forma cristalina fundamental constituída por un diedro, no que as caras son simétricas con respecto a un eixe binario de simetría bisector e normal na aresta.

Palabras veciñas

esfender | esfeníscido -da | esfenoidal | esfenoide | esfenopalatino | esfera | esfericidade