Ešnnuna

Ešnnuna

Antiga cidade de Mesopotamia na marxe esquerda do Diyālā, que actualmente recibe o nome de Tall al-Asmar. As escavacións realizadas localizaron dúas táboas datadas no reinado de Daduša, nas que se recolleu o Código de Ešnnuna, similar ao Código de Hammurabi, o primeiro texto xurídico escrito en lingua acadia que inclúe a Lei do Talión. Foi promulgado por Bilalama (s XIX a C).

Palabras veciñas

Esnault-Pelrerie, Robert | esnifada | esnifar | Ešnnuna | esnogadura | esnogar | esnoirar