Espalladoiro
Espalladoiro
[PUBLIC]
Revista aparecida na localidade alavesa de Llodio en 1990. De periodicidade irregular, coordinaron a súa redacción Víctor Valiño Arceo e Santiago García Seijas. Voceira do Centro Galego dese municipio, informa das iniciativas promovidas polo centro e contén artigos referidos a Galicia: historia, xeografía, literatura e arte. Incluíu fotografías de sociedade e de motivos galegos, xunto con viñetas cómicas de Quesada e Cebreiro.