España invertebrada, La
España invertebrada, La
[LIT/FILOS]
Conxunto de ensaios escritos por José Ortega y Gasset e publicados en 1921 co obxecto de analizar as causas da crise política, social e espiritual que sufría España. Partindo do concepto de nación como entidade dinámica que existe, porque a colectividade actúa baixo postulados comúns, afirmou que España foi a creación de Castela e que a acentuación dos particularismos desde o s XVI foron os causantes da situación político-social española. Tamén elaborou unha teoría sobre a falta dunha elite intelectual dirixente e sobre as masas que compoñen a base numérica da sociedade.