Espasantes, pazo de
Espasantes, pazo de
Construción situada en Santo Estevo de Espasantes (Pantón). Construíse durante o Barroco e sufriu diversas modificacións ao longo do tempo. Articúlase arredor dun patio interior e consta de planta baixa e alta, á que se accede por unha escalinata situada no patio. No xardín conserva diversas fontes e na fachada principal brasóns.