especificativo -va

especificativo -va

(

  1. adx

    Que especifica ou serve para especificar.

  2. adx [LING]

    Aplícase ao elemento lingüístico que delimita a calidade ou extensión doutro. Esta función pode desenvolvela un adxectivo, un complemento determinativo, unha oración relativa, etc. En Os cans negros, o adxectivo especificativo negros especifica os cans porque expresa unha calidade que non é inherente ao substantivo que acompaña, senón que o distingue doutros da mesma clase (cans brancos, agresivos, veloces), e que acostuma ir posposto ao substantivo. En Os homes que loitan pola liberdade triunfarán, a oración relativa que loitan pola liberdade especifica os homes (enténdese que só triunfarán aqueles homes que loiten pola liberdade).

Palabras veciñas

especieiro -ra | especificación | especificar | especificativo -va | especificidade | específico -ca | espécime