Espectador, El

Espectador, El
[PUBLIC]

Xornal liberal de información xeral editado en Medellín (Colombia) a partir do 22 de marzo de 1887. Fundado por Fidel Cano, en 1997 comprouno o grupo Valores Bavaria, propiedade do industrial Julio M. Santo Domingo. Dirixido por Carlos Lleras de la Fuente, tiña unha tiraxe media de 200.000 exemplares. O diario defendeu a liberdade e loitou contra o narcotráfico e a corrupción política, feito que lle valeu dous incendios en 1948 e 1952, a súa clausura en 1955 por parte do goberno ditatorial, o asasinato do seu director Guillermo Cano en 1986 e a explosión dunha bomba en 1989 que destruíu parte das súas instalacións. Entre os seus colaboradores, cómpre salientar o Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez e o ex-presidente de Colombia Belisario Betancourt. O 29 de outubro de 1987 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades. En maio de 2002 pasou a editarse semanalmente.

Palabras veciñas

espectacularidade | espectáculo | espectador -ra | Espectador, El | espectral | espectrina | espectro