espectrógrafo

espectrógrafo

(< espectro + -grafo)

  1. s m [FÍS]

    Espectrómetro que permite rexistrar sobre un soporte de imaxe, que pode ser unha placa fotográfica, uns receptores fotoeléctricos ou unhas cámaras de televisión, o espectro da radiación estudiada. A incorporación dunha cámara fotográfica a un espectrómetro convérteo nun espectrógrafo. Un espectrógrafo de placa fotográfica, asociado a un telescopio clásico, permite analizar o dominio espectral comprendido entre os 310 nm e os 1.100 nm. A placa fotográfica pode substituírse, neste dominio, por cámaras electronográficas, cámaras CCD, cámaras de televisión ou receptores fotoeléctricos.

  2. espectrógrafo acústico [FÍS]

    Aparato que determina o nivel relativo das diferentes frecuencias que integran un son complexo. Permite analizar os harmónicos e expresar a súa porcentaxe e o seu nivel. Está composto dunha serie de filtros que descompoñen a corrente microfónica, de xeito que só permiten o paso dunha serie de frecuencias. Estas, trala correspondente análise electrónica e dixitalización coa axuda de medios informáticos, convértense en variacións de luminosidade sobre unha pantalla, e dan conta dos compoñentes da onda sonora inicial.

  3. espectrógrafo de masa [FÍS]

    Espectrómetro de masa dotado dun sistema de rexistro fotográfico.

  4. espectrógrafo magnético [FÍS]

    Espectrómetro magnético dotado dalgún tipo de sistema que rexistre as intensidades dos diferentes feixes de partículas cargadas electricamente, separados de acordo co valor do seu momento lineal. É, polo tanto, un espectrómetro magnético rexistrador.