Esperante, pazo de
Esperante, pazo de
Construción situada en San Pedro de Quembre (Carral). A súa planta adopta unha forma cuasirectangular. Conserva dúas chemineas rematadas con pináculos e bólas. No exterior destacan os escudos da fachada (s XVIII) que fan referencia, entre outros, aos Luaces, Montenegro, Ulloa e Valdés.