esperanza
(
-
s
f
Sentimento ou estado de ánimo que fai crer que se pode conseguir ou realizar algo que se desexa.
Ex: Aínda teño esperanza de poder falar con ela. OBS: Pode adquirir un valor impersoal. Ex: Non hai moitas esperanzas de paz.
-
s
f
Persoa ou cousa en que alguén confía para conseguir algo.
Ex: Esa vacina é a súa última esperanza para curarse.
-
s
f
[RELIX]
Unha das catro virtudes teologais.
-
[MAT]
-
s
f
Nun xogo de azar, ganancia media por xogada. Se a esperanza é nula o xogo é equitativo.
-
esperanza matemática
alor medio que pode tomar unha variable aleatoria X definida nun espazo de probabilidade (Ω, Q, P). É a integral definida E(X)=c<J>W</J>XdP da función X.
-
s
f
-
esperanza de vida
[DEMOG]
Estimación do número de anos que pode esperar vivir unha persoa. Pódese calcular para o seu nacemento ou para calquera idade. O cálculo faise en función do xénero e da táboa xeral de mortalidade no territorio do individuo, dando por suposto que as taxas de mortalidade permanecerán constantes ao longo de toda a súa vida. A esperanza de vida ao nacer é un indicativo estatístico do grao de desenvolvemento do país e emprégase como unha das variables fundamentais para determinar o Indicador de Desenvolvemento Humano.
Refráns
- A esperanza longa o corazón acora.
- A esperanza non enche a panza.
- A pedra veña xa, que a auga xa virá.
- A quen pode esperar, todo lle chega a tempo e vontá.
- Algún día será a festa da nosa aldea.
- Algún día será domingo e martes de Entroido.
- Algún día será festa e non irán todos a ela.
- Algún día será festa e será Pascua.
- Ata a morte todo é vida.
- Coa esperanza non se come nin se vive.
- Despois da tormenta sempre a bonanza chega.
- Detrás do pouco vén o moito.
- Día virá que teña peras o meu peral.
- Esperanza que me consola, que non morra.
- Mal trae ben.
- Non pode se-lo corvo máis negro cás ás.
- Ó que boa a espera, boa lle vén.
- Quen espera a man allea, mal xanta e peor cea.
- Se unha porta se pecha, cen se abren.
- Todo se andará, se o pan non se acaba.