espesante
espesante
(< espesar)
-
adx
Que espesa.
-
s
m
-
[ALIM]
Aditivo alimentario do grupo dos estabilizadores que se emprega para manter ou aumentar a consistencia ou a viscosidade dun produto, como poden ser bebidas, prebes, sopas ou caldos. As substancias espesantes máis utilizadas son, entre outras, as gomas, o ágar-ágar, os alxinatos, os carraxenatos, as pectinas, a xelatina, o amidón, a celulosa e derivados.
-
[QUÍM]
Substancia de elevado peso molecular que, ao incorporarse a unha solución, absorbe unha gran cantidade de disolvente, incha e pasa a disolución coloidal. Emprégase para aumentar a viscosidade das pastas de estampaxe téxtil, na fabricación de cosméticos, etc.
-
[PINT]
Substancia que se engade a unha pintura ou un verniz para aumentar a súa viscosidade e darlle corpo.
-
[ALIM]