1 espía

1 espía

(

  1. s

    Persoa que, sen ser vista, observa e vixía un lugar ou a outra persoa, especialmente cando o fai ao servizo dun Estado ou doutra institución.

  2. novela de espías [LIT]

    Xénero literario nacido no s XIX como unha das moitas formas da novela popular. Adoita tratar dous temas fundamentais: a fuga ou o descubrimento por parte do heroe dunha verdade que se pretende manter oculta por diversos motivos. Asuntos recorrentes das novelas de espías son as traizóns, os ataques á seguridade nacional ou a desestabilización política a través do desvelo de importantes segredos científicos ou militares por parte de persoas perversas ou grupos organizados. Tamén é común que os personaxes aparezan inmersos en importantes accións de guerra. O heroe adoita ser un axente secreto. Na tradición literaria o axente loita contra diversos inimigos políticos, e o país rival representa o mal absoluto. O contexto da obra sempre é altamente problemático e cheo de dramatismo. A través da súa lectura pódese coñecer a historia política do país en que se inscribe a historia. Os precedentes deste xénero están en Joseph Conrad coas súas novelas de corte político como The Secret Agent (1907). Na literatura moderna, hai autores destacados como L. Uris (Topaz, 1967), aínda que o maior éxito e popularidade conséguese coa saga dedicada ao axente secreto 007, James Bond, personaxe creado nos anos sesenta por I. Fleming e que foi levada ao cine en diversas películas. Autores de moito éxito desde a segunda metade do s XX foron John Le Carré, con novelas como O espía que xurdiu do frío (1963), e Frederick Forsyth, con The Fourth Protocol (O cuarto protocolo, 1984).

Palabras veciñas

espeto | espetón | Espeusipo | 1 espía | 2 espía | Espía, El | 1 espiar