espinel

espinel

(< cat espinell)

s m [PESCA]

Arte de pesca, semellante ao palangre, que consiste nun cordel groso (estrallo) vertical, do que penden numerosos cordeis máis pequenos (brazoladas), que levan empatados nos seus extremos os anzois. Emprégase no mar, preto da costa, ou nos ríos para a captura de peixes, como as douradas, robalizas, congros, moreas, escachos ou raias.