espironolactona

espironolactona
s f [BIOQ/MED]

Diurético con estrutura de esteroide relacionada coa da aldosterona. Presenta un anel lactónico de cinco membros na posición C17 do núcleo. Actúa como antagonista competitivo da aldosterona. É un diurético aforrador de potasio, produce un aumento da eliminación de sodio e de auga, e diminúe a eliminación de potasio. Emprégase na insuficiencia cardíaca, na ascite e na hipertensión.

Palabras veciñas

espiroide | espirometría | espirómetro | espironolactona | espiroqueta | espiroquetáceo -a | espiroquetal