espondilose
espondilose
-
s
f
[PAT]
Anquilose vertebral que se produce por unha osificación dos ligamentos ou ben por unha proliferación fibrosa con desaparición da superficie articular. Aparece, como consecuencia, rixidez na columna.
-
espondilose rizomélica
[PAT]
Afección que se caracteriza por unha anquilose vertebral completa, cunha anquilose máis ou menos completa das articulacións das raíces dos membros, acompañada de dores, rixidez e atrofia muscular.