espontáneo -nea

espontáneo -nea

(

  1. adx

    Que se fai por propia vontade.

    Ex: Tivemos colaboracións espontáneas de centos de persoas.

  2. adx
    1. Que se produce por un impulso interno que non se reprime.

      Ex: Fixo un movemento espontáneo para protexer a cara.

    2. Que actúa sen reflexionar, levado polos propios impulsos.

      Ex: Fixo un comentario espontáneo e cheo de gracia. É un neno moi espontáneo.

  3. adx

    Que se produce sen causa exterior aparente.

    Ex: O lume produciuse por combustión espontánea.

  4. adx

    Aplícase ás plantas que nacen sen ser cultivadas.

  5. s

    Persoa que intervén en algo por propia iniciativa e sen estar previsto.

    Ex: Uns espontáneos subiron ó escenario para cantar con eles.

Palabras veciñas

esponsais | esponsalicio -cia | espontaneidade | espontáneo -nea | espontar | esponxa | esponxar