esquí
(< fr ski)
-
s
m
Cada unha das táboas, rematadas pola parte dianteira en punta curvada cara a arriba, que se suxeitan aos pés e serven para escorregar sobre unha superficie, especialmente a neve ou a auga.
-
[DEP]
-
esquí de fondo/nórdico
Modalidade do esquí que consiste en cubrir unha distancia nun circuíto de pouca pendente. Existen dous estilos fundamentais: o clásico e o libre. Nos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno (Chamonix 1924) disputáronse carreiras de 15 km e 20 km no estilo clásico. En 1936 incluíuse no programa a competición de remudas 4 por 10 km. En Cortina d’Ampezzo 1956 introduciuse a proba de 30 km estilo libre, en Albertville 1992 a proba de persecución e en Salt Lake City 2002 a modalidade sprint, cun percorrido de 1,5 km.
-
saltos de esquí
Modalidade do esquí que consiste en escorregar sobre esquís por un trampolín e caer nunha pista de neve. O vencedor da competición é aquel que consegue sumar os saltos máis longos. Nos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno, Chamonix 1924, disputouse a proba de saltos dende trampolín de 90 m. Nos Xogos Olímpicos de 1964 introduciuse a distancia de 70 m e nos de Calgary 1988 a proba de saltos por equipos en 90 m.
-
s
m
Deporte que consiste en escorregar pola neve sobre unhas táboas suxeitas aos pés. Medio de transporte ancestral nos países escandinavos, converteuse nunha actividade deportiva no s XIX, cando o noruegués Sondre Nordheim lle acoplou botas, o que permitiu un maior control sobre o esquí nos saltos e xiros. A primeira carreira de esquí de fondo documentada como actividade deportiva celebrouse en Noruega en 1843. En 1883 xurdiu a Asociación Norueguesa de Esquí, que en 1892 organizou, nas proximidades de Christiania (Oslo), o primeiro torneo internacional. En 1893 fundouse o primeiro club suízo de esquí, un deporte que se estaba a difundir polos Alpes. A súa crecente popularidade contribuíu a que o Comité Olímpico Internacional decidise crear os Xogos Olímpicos de Inverno, que se celebraron por vez primeira en 1924, na estación alpina de Chamonix (Francia). O esquí nórdico e os saltos de esquí foron dúas das cinco disciplinas deportivas incluídas no programa daqueles primeiros xogos.
-
esquí alpino
Modalidade do esquí consistente en descender a ladeira dunha montaña por unha pista. As primeiras carreiras de descenso documentadas datan de 1911. O primeiro slálom, proba na que o esquiador debe cruzar unha serie de portas, disputouse en 1922. Non obstante , as probas de esquí alpino non se incorporaron ao programa dos Xogos Olímpicos de Inverno ata 1948, cando se disputaron o slálom, o descenso e a combinada. En 1952 engadíronse as probas de xigante e suprimiuse a combinada. En 1968, Jean-Claude Killy revolucionou o esquí alpino ao competir co seu novo estilo, nunha postura acubillada coas pernas semiflexionadas, e conseguiu a medalla de ouro en todas as probas alpinas (slálom, xigante e descenso) dos Xogos Olímpicos de Grenoble. En Calgary 1988 incorporáronse ao programa olímpico o superxigante e a combinada nórdica.
-
esquí de fondo/nórdico
-
esquí acuático
[DEP]
Disciplina deportiva consistente en escorregar con un ou cun par de esquís sobre unha superficie acuática remolcado por unha lancha motora. Existen tres modalidades: slálom, salto e figuras. Naceu en 1921 simultaneamente en Florida (EE UU) e Francia. En 1946 creouse a federación internacional.