estamento
(< lat v stamentu)
-
[HIST]
-
s
m
Grupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios. Distinguíanse tres estamentos ou estados fundamentais, dous deles privilexiados, o nobiliario e o eclesiástico, e outro non privilexiado, o pobo. A pertenza a un dos tres estamentos determinábaa o nacemento, e o cambio de status era practicamente imposible como consecuencia do carácter corporativista dos mesmos. Dentro dos propios estamentos existían gradacións; así, o estado común estaba integrado por vasalos, servos, pequenos propietarios agrícolas, artesáns, mercadores e a burguesía urbana, que desde o s XIII accedera aos postos de poder nos gobernos municipais. A división social reflectíase nas cortes, nos estados xerais e nos parlamentos, onde a sociedade estaba representada por estamentos. Dende a segunda metade do s XVI e como consecuencia da crise da sociedade medieval, a distinción entre estamentos tendeu a desaparecer, ata que trala Revolución Industrial apareceron as clases sociais.
-
s
m
Nome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas coroas de Castela e Aragón.
-
estamento de próceres
Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Constituíano os membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.
-
estamento de procuradores
Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.
-
s
m
-
s
m
Grupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.
Ex: O estamento eclesiástico criticou a medida do goberno.