estampida

estampida

(< occit estampida)

s f [MÚS/LIT]

Xénero lírico-coreográfico de orixe instrumental composto para axustarse a unha melodía xa existente e formado por cinco ou seis fragmentos ou puncta, con conclusións diferentes: suspensiva ou aberta ou concluínte ou cerrada. É o exemplo máis antigo conservado de música instrumental con notación musical; co tempo converteuse en xénero textual, cantado pero non bailado. Destacan a Kalenda maia, de Raimbaut de Vaqueiras (1200?), Estampie royale (s XIV) e algunhas da autoría de Cerverí de Girona.

Palabras veciñas

estampadora | estampar | estampaxe | estampida | estampina | estampinar | estañador -ra