estarricar

estarricar
  1. v t

    Estirar unha cousa para que dea de si e sexa máis longa ou quede máis tirante.

    Ex: Agarrouno pola chaqueta e estarricoulla.

    Sinónimos: estalicar, estirar, estricar.
  2. v t

    Estender algo que estaba encollido ou dobrado.

    Ex: Estarricou a perna que lle quedara durmida.

    Sinónimos: estalicar, estirar, estricar. Antónimos: encoller.
  3. v t

    Desengurrar algo, especialmente unha peza de roupa.

    Ex: Estarrica ese xersei que o tes todo engurrado.

    Sinónimos: estalicar, estirar, estricar.
  4. v i

    Crecer unha persoa.

    Ex: O neno estarricou desde que estivo enfermo.

    Sinónimos: estalicar, estirar, estricar.
  5. v i

    Aumentar algo en lonxitude.

    Ex: O xersei estarricou porque o colgaches enchoupado.

    Sinónimos: estalicar, estirar, estricar.
  6. v pron

    Estender os membros do corpo ou os músculos para darlles maior flexibilidade.

    Ex: Estarricouse ben antes de saír a correr.

  7. v pron

    Estender o corpo para alcanzar algo ou chegar a algún lugar.

    Ex: Estarricouse para coller o libro que estaba enriba do estante.

Palabras veciñas

estarrecedor -ra | estarrecemento | estarrecer | estarricar | estartelar | Estás | estase
Conxugar
VERBO estarricar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarrico
estarricas
estarrica
estarricamos
estarricades
estarrican
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricaba
estarricabas
estarricaba
estarricabamos
estarricabades
estarricaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarriquei
estarricaches
estarricou
estarricamos
estarricastes
estarricaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricara
estarricaras
estarricara
estarricaramos
estarricarades
estarricaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricarei
estarricarás
estarricará
estarricaremos
estarricaredes
estarricarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricaría
estarricarías
estarricaría
estarricariamos
estarricariades
estarricarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarrique
estarriques
estarrique
estarriquemos
estarriquedes
estarriquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricase
estarricases
estarricase
estarricasemos
estarricasedes
estarricasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricar
estarricares
estarricar
estarricarmos
estarricardes
estarricaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
estarrica
-
-
estarricade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarricar
estarricares
estarricar
estarricarmos
estarricardes
estarricaren
Xerundio estarricando
Participio estarricado
estarricada
estarricados
estarricadas